Acuso lerias de vella dun tempo a esta parte.
É a vida sedentaria do costume de ser un.
Eu.
Que leria co eu.
Moi. I and I in the sky.
Todos os poetas (e máis se son galegos)
din…. Eu…
Eu na nada… eu no baleiro…
Eus mesturados con tis… ti na nada….
Ti no baleiro.
Cegos a golpe de diccionario.
Eu nunca fun quen.
Achégase un verán que non arrecende a toxo.
Pero non son quen de dicir que sexa malo,
non atopo a excusa torturada para poñerme a chorar
ou a cantar aos heroes ou a escoitar fados.
Xa non necesito importancias, nin motivos:
a vida é sinxelamente o que tiña que ser.
Fago outras cousas de urxencia máis física,
sen o meta, sen prásticos deslumbrantes
de respiración asistida.
I está ben.
Fago o amor, viaxo no metro e teño un gato.
Xa non escribo.

1 comentário:
Ola Fa! Muller, que melancólica andamos... Non volverías ás películas de Kieslowski?! Botámoste de menos. Se van facer Terminator 4, para cando Camposanto 2?? Sería boa, eh... Bicos!
Enviar um comentário