sexta-feira, 14 de setembro de 2007

Aqueles marabillosos anos...

Quitala foi un dos grandes erros da nova TVG. Si, admitamos que tiña moitos defectos: era maleducado, a nai estaba toliña de todo e o pai era un borracho. Pero o xeitiño que tiña de vez en cando, e, sobre todo, o bo facer dos nosos actores de dobraxe... dábanlle a Shin Chan un non sei que, que ata parecía un neno galego auténtico. E as veces era tenro coma el solo. Sen vir moito a conto -nin falta que fai-, grazas á xente do Sánchez e a Anxo en especial polas mencións. A ver cando Andrómeda leva algún espectáculo por eses lares. E, como dicía, nos días malos está bem lembrar aqueles bos tempos...


2 comentários:

Anónimo disse...

Meu probe Shinchan, qué inxustiza a de botalo da galega!! Como se lle bota de menos!! Ailalelo, ailalalo, o cu hai que ensinalo!!

Anónimo disse...

Vin algún capítulo en catalán e en castelán, pero como a nosa ningunha; creo que os xaponeses deronlle un premio a mellor dobraxe, oir cuiño, cuiño, na boca de Shinchan era toda unha delicia, independentemente do contido da serie e do significado da palabra.