segunda-feira, 17 de setembro de 2007

Algúns queren usarte, outros queren que os uses ti

Comezo estes días o proceso de análise e selección de equipa para a montaxe que teño que poñer en pe dentro da escola, como parte do meu último curso -esperemos- de dirección escénica. A obra chámase "Inauguración", e foi escrita polo dramaturgo e político Václav Havel, unha das figuras máis relevantes na loita polos dereitos humanos na antiga Checoslovaquia. Este texto non é unha elección miña: trátase dunha imposición pedagóxica feita en base ao que se supón que aínda non manexo ben como directora. Dentro do curso, chámase a este proceso unha elaboración de "montaxe de estilo", co obxectivo de aprender os mecanismos básicos para representar segundo os xéneros e formas dunha obra. Neste caso, "Inauguración" é unha obra de diálogo e personaxes, que require un bo traballo de dirección de actores. É unha desas obras nas que parece que non pasa nada, pero en realidade á fin descubrimos que sí están pasando cousas e sí hai grandes consecuencias. Sen embargo, isto pide un público paciente e intelixente e un respeto e coñecemento claro das mensaxes da obra desde a equipa artística. Coma sempre, os meus maiores temores ao afrontar unha montaxe é a relación cos actores e a imposibilidade de trasladar á escena as intencións postas sobre o papel. O teatro está tan vivo que cando o temos nas mans, sáltanos ó baleiro sen pedir permiso e non temos máis remedio que tirarnos tras del. En parte, esta é a súa virtude, i en parte, é a condena dos que o facemos e amamos. "Inauguración" vai supoñer un reto descoñecido para min, xa que a estética propia que me estou a formar está moi alonxada da súa concepción formal realista-psicoloxista. Para poder enfrontarme con ela, terei que elaborar unha lectura contemporánea propia que adapte e actualice os temas da obra. O meu primeiro instito sempre é imaxinar atmósferas que parten das cores e da música. Neste caso aínda estou nun proceso de busca intenso, pero xa amparado por unha banda sonora particular que, subxetivamente, me remite aos temas da obra. Isto non quere dicir que vaia ser utilizada na posta en escena, pero é un método de traballo propio que sinxelamente xa non son quen de saltarme... Cada director ten os seus: eu que aínda estou empezando non son quen para dicir que teña rituais infalibles.


"121- VERA: ¿Cómo está Eva? ¿Ya ha aprendido a cocinar un poco?

122- BEDRICH: Siempre ha sabido.

123- VERA: Sí, ¡pero de qué manera!

124- BEDRICH: A mí me agrada.

125- VERA: Porque te has acostumbrado. Pero, perdóname, el bistec que comimos en vuestra casa un día… ¿cuándo fue? Antes de Navidades, ¿no?

126- BEDRICH: Sí.

127- VERA: Bueno, pues perdóname, ¡pero aquello estaba asqueroso! ¿Te acuerdas, Michal?

128- MICHAL: ¿Cómo quieres que no me acuerde?

129- BEDRICH: Eva estaba un poco nerviosa aquel día.

130- VERA: Lo siento, pero a una buena cocinera no le puede ocurrir nunca algo parecido. Dime, ¿qué platos te prepara?

131- BEDRICH: Solemos cenar platos fríos…

132- VERA: ¿Incluso el sábado?

133- BEDRICH: A veces calientes; escalopes y cosas así.

134- MICHAL: Oye, Bedrich, no quiero meter las narices en tus asuntos, ¿pero por qué no mandas a Eva a hacer un cursillo de cocina? Tiempo no le falta.

135- VERA: ¿Eva? ¿Un cursillo? ¡Qué dices! ¿Crees que Eva iría a un cursillo?

136- MICHAL: No, tienes razón…

137- VERA: Si aprendiese a cocinar, tendría más confianza en sí misma; pero cómo va a entenderlo ella… Está siempre en el limbo.

138- BEDRICH: A mí me gusta su manera de cocinar.

139- MICHAL: Vamos, Bedrich…

140- BEDRICH: De verdad.

141- MICHAL: Ya lo sé, no te gusta hablar de ello. Pero entiéndeme, últimamente Vera y yo hemos hablado mucho de vosotros dos; hemos pensado en vosotros y nos preocupa vuestra manera de vivir.

142- VERA: No dejamos de pensar en tu bienestar, Bedrich.

143- MICHAL: Eres nuestro mejor amigo; te queremos mucho y no puedes imaginarte cómo deseamos que tus problemas se resuelvan…

144- BEDRICH: ¿Qué problemas?

145- MICHAL: Dejémoslo - ¿Quieres que encienda la chimenea?

146- BEDRICH: Por mí, no.

147- VERA: ¿Quieres oír música, entonces? Michal ha traído un montón de discos de Suiza.

148- BEDRICH: A lo mejor dentro de un ratito, ¿vale?

149- Pausa. De repente, el reloj de pared toca los acordes de una música antigua. Bedrich se asusta. Al cabo de un instante, el reloj deja de sonar. Pausa."


Coa lectura da obra, veume á cabeza unha canción en particular. Foi dun xeito moi natural, como se o acoso constante que Vera e Michal exercen sobre Bedrich coincidise coa letra incesante dos Eurythmics que nos aseguran que sempre hai xente disposta a abusar de nós, e a desexar que abusemos deles... "Inauguración" foi escrita en 1975, pero hai cousas que, por desgracia, non cambian.


Sem comentários: