Nestes días estou lembrando moito a viaxe que fixemos en xullo a Asturies. A pesar do mal tempo teño que dicir que foi unha viaxe fermosísima. O mellor: as xentes... Non sei en que outro lugar do mundo podes atopar unha señora octoxenaria que che fale en bable mentres che explica nada máis e nada menos a fachada dunha igrexa prerrománica (San Andrés de Bárcena, ollo porque non é moi popular nas guías e sen embargo ten un estado de conservación impecable). Tamén, descubrín un lugar onde se entende moi ben a sostenibilidade entre os bens da terra e a explotación turística, algo que me gustaría que chegase a acontecer algún día na miña querida Galicia, e que temo que está lonxe de realizarse. Fixemos unha ruta do quesu y la sidra que é, no meu parecer, a mellor opción turística posíbel nunha comarca de interior: trátase dunha excursión pola aldea de Asiegu, na comarca de Cabrales, na que che mostran o proceso de curación do quesu e a elaboración da sidra natural. Despois, nun llagar tradicional, podes degustar productos da zona elaborados de forma natural. O negocio está levado por dous irmáns, xente encantadora, asturiana de pro e sempre aberta a explicar e compartir os seus bens cos turistas. O que se di respeto e expansión cultural intelixente, vamos. Nin que decir ten que as casas rurais, establecementos, rutas, guías ou actividades estaban todas homologadas polo sello de "Asturias Paraíso Natural": ¿cando acontecerá isto en Galicia? ¿Cando entenderemos que é posible explotar intelixentemente a nosa cultura e os nosos bens?
Unha das cousas que máis tenrura me deron foi unha auténtica tontería, pero é desas cousas que fan que os viaxes valgan a pena das horas en coche ou en avión: paramos en Xixón a comer un domingo que había carreira do omnipresente Fernando Alonso. A verdade é que a Fórmula 1 a min sempre me fixo unha pouca de gracia, lembro incluso aquel día fatídico no que morrera Ayrton Senna, o mellor piloto da historia, seguramente. Pois ben: parece ser que cando corre este rapaz, toda Asturies queda pendente dun fío. Non había sitio nos bares, non había ninguén nas rúas... O nivel de emoción e irmandade que había na tasca na que paramos foi espectacular: ademáis foi a famosa carreira na que Alonso adelantou a Felipe Massa a falta de catro voltas, con chuvia incluida... a xente volvíase tola, e nós non puidemos facer outra cousa máis que tolera un pouco con eles. Cando terminou a carreira e Fernando Alonso escoitaba impasible o himno español, máis dun murmuraba o "Asturies patria querida..." Sería polo benestar que che deixa unha boa sidra ou un bo quesu, pero a sensación de estar nun lugar moi parecido ao fogar estivo presente durante toda a viaxe.
Hoxe non tiña ganas de facer reflexións (sigo postergando o análise do arte galego contemporáneo coma quen fuxe do demo... aínda que o CDG xa presentou tempada). Así que para non perder a liña de hoxe de non facer nada moi sesudo, aquí tendes unha mostra de humor absurdo dese que aparece de vez en cando polo famoso YouTube... Saúde e paz, sempre.

1 comentário:
Cando toda a xente se queixa do ensino e os mesmos profes seica andan coa moral baixa... cando moita xente di que os mozos non valen máis que para o botellón... hai momentos nos que un profe coma min se ve obrigado a botar un sorriso e colle folgos para empezar un novo curso. Son momentos coma este no que acabo de descubrir un novo blog dunha ex-alumna que xa daquela escribía moi ben e vexo que non perdeu o oficio nin esqueceu a nosa lingua por moitos madriles que teña por diante.
Parabéns Fátima por esta bitácora que desde hoxe vaime ter por un lector máis. Sabes que os teus profes de galego temos unha excelente lembranza de ti... vennos ver cando poidas
Enviar um comentário