Ben é certo que a Terra necesita un coidado urxente, pero a sustitución dun carburante por outro de orixe vexetal non vai ser a solución divina que moitos pensan. A cuestión dos biocarburantes é máis profunda ca isto: o status de moda que está alcanzando nos Estados Unidos supón un aumento da demanda do millo, que se importa desde Latino América, México principalmente. Para este país, o millo supón a primeira demanda alimentaria da población por seren a base do pan, e máis aínda, da tortilla mexicana, que supón a cúspide da pirámide alimentaria de calquera cidadán do país. Xa temos asistido a dúas crises importantes pola imposibilidade de aceso da poboación ás tortillas debido á subida do prezo do millo. No momento en que a demanda de biocarburante entre nun desbordamento total das existencias, os que gañarán a partida serán os ricos que están dispostos a pagar máis caro por conducir, que os pobres que non poderán cubrir os prezos e estarán condenados a unha fame mortal e inxustificada. Isto vai camiño de pasar debido ás novas imposicións realizadas polos países desarrolados que están a promover a obligación de usar biocarburantes nun prazo demasiado curto como parar cubrir a demanda aguantando unha xeada dos prezos que permitise seguir explotando a vía alimentaria e a industrial da materia prima. Así, coma sempre, as diferenzas entre o norte e o sur seguirán a agrandarse e teremos que ver como provocamos outra vez unha catástrofe de consecuencias incalculábeis... Pagará a pena reducir un pouco as emisións dos coches, cando os países máis poderosos seguen sistemáticamente a quebrantalo protocolo de Kioto? O sacrificio dos máis pobres seguirá a ser en valde.
2 comentários:
Pero si non comezamos a utilizar biocarburantes, a contaminación seguirá ascendendo, e á fin a guerra será loitar contra un planeta moribundo, non é?

Enviar um comentário