quinta-feira, 12 de março de 2009

Galicia County




"Carolina.- Foi un día despois de estar mirando a televisión toda a tarde. Tiña a cabeza coma un bombo. As pernas entumecidas por non erguerme do sofá durante horas. Naquela época, disfrutaba facéndolle pequenas torturas ao meu corpo. Sentaba durante horas diante da pantalla do ordenador, ata que descubría que tiña as pernas hinchadas, os pes vermellos pola falta de rego sanguíneo. Durmíaseme o corpo de cintura para baixo, e logo deitábame na cama, tentando imaxinar a vida sen pernas. Pouco a pouco, o sangue retornaba, i eu buscaba un novo divertimento cortando as unllas dos pes todo o que podía sen chegar a arrancarme a pel, ou explotándome grans, puntos negros, rascándome costras de feridas pequenas, rascazos. Se puideramos controlar a dor nos nosos corpos, seriamos invencíbels, pero morreriamos do aburrimento."



Cincinnati.


Trazo un mapa entre Pontevedra e Cincinnati, cheo de fábricas fumeantes e noites sen estrelas.



Pontevedra.

Sem comentários: