segunda-feira, 24 de dezembro de 2007

Voltar á casa polo Nadal

Os aniquilados, atormentados, asasinados, alineados, ausentes, abducidos, anestesiados, atontados.

Os desatentidos, desamparados, difuminados, distanciados, dominados, diferenciados, desesperanzados.

As perseguidas, prostituídas, penalizadas, pintadas, presentadas, prohibidas, pranchadas.

Os vilipendiados, violados, esnaquizados, escarmentados, coaccionados, contraindicados,
borrados, barridos, maniatados, mentalizados, silenciados i esquecidos.

Xa estamos en casa.







2 comentários:

Anónimo disse...

Paréceme que túa "postal" é en realidade o cartel da película "Outubro" de Eisenstein. Que clase de mensaxe estrano queres dar cun paralelismo tal entre o Nadal e a Revolución Rusa, logo?

fpt disse...

En realidade non pretendía establecer un paralelismo como tal entre o Nadal e a Revolución... senón máis ben todo o contrario. A lista de "esquecidos" anterior á postal pretendía ser ilustrativa desa idea. Quería ter un recordo para todas as persoas que non poden desfrutar disto que nós chamamos Nadal. Penso tamén que, dalgunha forma, algún días todos estes esquecidos se levantarán contra todo, como se levantaron en Rusia naquel Outubro... ese era o verdadeiro paralelismo. Grazas por ler!