quinta-feira, 13 de dezembro de 2007

Golfiño contra maruxía II



Sendo eu nunca fun quen de ser outra.

Eu quería ser ti, nada máis.
Sendo eu fixen unha viaxe de só ida
para atopar un espello roto
no fondo do mar.
Sendo eu rematei por non saber
onde descansaba
a diferenza entre ser e estar.
Para que estes días, estes tedios?
Para que á fin finxir a capacidade
de levar un nome
ou unha cara polo mundo adiante?

Eiche de cantar a derradeira.

Sendo eu... era?
Fun, algunha vez?
Certezas teño poucas.
Amores só un.
Vidas tería infinitas.
Quero.
Non podo.
Son.
Non chego.
Marcho.
Sen camiño de regreso.
A túa luz.
Lembranzas de chumbo.
O norte.

Farei leña do corazón caído.
Axúdame a ser quen.
E se non é un quen pra saír
que sexa polo menos
algo semellante a ti.

Fico aquí.







3 comentários:

Anónimo disse...

enhorabuena por el blog, no sabia que lo tenias.
el poema... no lo entiendo bien en gallego.
espero que te vaya bien la obra.

fpt disse...

Bueno es que se paseen los amigos. Gracias, guapa.

Anónimo disse...

tus fans monolenguos (dios que mal suena) no necesitamos traducciones; we know you want to say.
bikicos.