Pensar que non vou volver ver eses ollos
fai que sexa imposíbel a tarefa corrente
sinxela doente de aprender a respirar.
Ledicia, ledicia, gargalladas na rúa grande
para recibir á morte da nosa pequena empresa
tan mal feita como querida sempre, amada.
Volve / sempre / suma / segue / conta / tira / arrinca / marcha.
Meu ben,
eu só quería ver chispiñas azuis e vermellas
nos teus ollos de princesa roubada á ciencia
e ter algo de ti dentro de min que non fose
os teus dedos temblorosos de sexo sen amor.
Quen virá logo a buscarme tralas clases pola tarde
cando só queden de nós hipotecas insolventes
de propiedades ingrávidas roubadas á nai noite.
Sempre escribín de ti aínda antes cando non existías
no meu imaxinario de calcetíns con buracos sen tapar
de plastilinas pegadas á papeis burocráticos.
Aprétame forte contra o teu peito de chumbo sideral
que quero aspirar o teu fascinante aroma a cómic
a primeiro amor adolescente e inmortal como se fose o derradeiro dos últimos
dos que
volven sempre suman seguen contan tiran arrinca e marchan.

1 comentário:
que triste, meu
Enviar um comentário