sexta-feira, 2 de novembro de 2007

Xustizas que non curan


Estación de Atocha. 12 de marzal de 2004.


Aquel 11 de marzal de 2004 eu non fora a clase porque na Universidade Complutense tiñamos folga de profesores. Moitísima xente se salvou por esta circunstancia. Durmía, porque o día anterior estivera pegando carteis de Esquerda Unida cos meus colegas da Federación. Precisamente collera o derradeiro metro desde Atocha para voltar á casa. Espertoume miña irmá, asustada, dicindo que oíra na radio non sei que dunha bomba. Logo comezaron as contas de Gabilondo, confusas, indeterminadas: 70 mortos, 100, 150, 200... Comezaron os teléfonos, colapsados. Comezou Acebes, "y quien diga lo contrario es un miserable".
Aquela noite non durmín. O día 14 fun apoderada de EU nun colexio electoral no barrio de Delicias, moi preto de Atocha. Por primeira vez, sentín unha conexión coa cidade.
Quen non estivo en Madrid aqueles días, respirando a tensión do seu aire, non pode saber da valentía, a coraxe e a dignidade que tivo a cidade enteira naqueles días, desde o "quién ha sido" ata o "no nos falles".
Revivimos estes días aquela dor, cunha sentecia amarga, que sabe á frialdade da xustiza, a irreparábel dano onde non hai condenas que valgan. A pesar disto, sempre tentaremos que a lembranza daqueles días quede unida a aquela dignidade inmensa que fixo que a verdade non puidera quedar soterrada, como querían algúns.
Só escribín unha cousa naqueles días. Pequena, sinxela, inútil. Non me saíu nada máis. Nin podía ni quería. Nin é necesario.



Aquella mañana estalló la primavera en mi corazón.

Cuando vi el vagón reventado,

pensé en ti.



4 comentários:

Anónimo disse...

Oi, achei seu blog pelo google está bem interessante gostei desse post. Gostaria de falar sobre o CresceNet. O CresceNet é um provedor de internet discada que remunera seus usuários pelo tempo conectado. Exatamente isso que você leu, estão pagando para você conectar. O provedor paga 20 centavos por hora de conexão discada com ligação local para mais de 2100 cidades do Brasil. O CresceNet tem um acelerador de conexão, que deixa sua conexão até 10 vezes mais rápida. Quem utiliza banda larga pode lucrar também, basta se cadastrar no CresceNet e quando for dormir conectar por discada, é possível pagar a ADSL só com o dinheiro da discada. Nos horários de minuto único o gasto com telefone é mínimo e a remuneração do CresceNet generosa. Se você quiser linkar o Cresce.Net(www.provedorcrescenet.com) no seu blog eu ficaria agradecido, até mais e sucesso. (If he will be possible add the CresceNet(www.provedorcrescenet.com) in your blogroll I thankful, bye friend).

Anxo González Guerra disse...

Seguimos con interese este teu blog desde a túa Pontevedra de sempre e o teu insti de sempre... o camposanto segue arrasando coma sempre..

Anónimo disse...

Os que se sentaron no xuizo sonche tan culpábels como algúns que anda por ahí tan campantes... A Madrid da que ti falas non é a que sae nas news. O exilio estache a abrandar o coraçao, non? Tes un bo blogue, en calquera caso. Saúdos marciáns dende a fronteira aduaneira.

Anónimo disse...

Moi bo texto. Coma a maioría dos que tes, en todo caso.
Saúdos