Perdón pola ausencia no día da Raza, ou a Festa Nacional, ou a Patria, ou a Hispanidade, ou Orgullo (gay encuberto) de Mariano. Estaba na casa atrincherada, expectante, tirada no sofá coa gata enriba vendo pasar cazas diante da terraza que volaban en liña recta cara a Castellana. Eu, que queren que lles diga, cando vexo ao exército nas rúas, non me fío demasiado. Que salgan só para pasear é algo que non me acaba de entrar na cabeza. Tiña certa esperanza en que xa que todo o exército do Estado (non "Estao", como di Mariano) estaba concentrado en Madrid, puideran invadirnos os portugueses ou os franceses polas nosas costas desprotexidas. Pero non pasou nada (nada novo, polo menos), e na resaca só quedan algunhas bandeiras bicolores nas balconadas de Madrid e cando saín á rúa onte ninguén vociferada, nin daba vivas ao Rey nin á patria. Mariano estará decepcionado despois de arengar tanto ás masas co seu video de calidade equivalente a porno caseiro (por aquilo de que se lle notaba como lía o cartel que lle puxeran diante: Mariano é un actor sen cursos de interpretación para títeres). O mellor xesto de orgullo patrio é o de facer o amor, facelo ben e moitas veces, sempre que se poida, con ledicia e agarimo, obviando a apoloxía belicista de ríxidos homes con queixos erguidos que miran ao fronte expresando todo o baleiro das súas tristes, tristes almas alienadas na sede dunha guerra futura.
A cabra da lexión ten máis profundidade, e os seus ollos albergan a fonda tristeza de tódolos seres vivos, animais ou non, que se saben víctimas da intransixencia e a voráxine humana.
Teñan coidado ahí fora, pero non esquezan ser vostedes mesmos.
Saúde e paz.
PD- Déixolles un regalo dos bos.
Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.
Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.
Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes.
-Miguel Hernández.
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.
Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.
Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes.
-Miguel Hernández.
1 comentário:
Buscando no google qué foi da xente que coincidira comigo nos Premios Literarios Minerva atopei este blog. Quería saber se hoxe por hoxe, algún daqueles adolescentes granulados, a pesar de cruzar con eles unhas poucas palabras, se estaba a abrir camiño no mundo das letras. Pura curiosidade.
Parece que ti es unha das poucas que segue a ter algunha que outra inquedanza.
Un saúdo,
Alejandra Eiras Rodríguez.
Enviar um comentário