Queridos compañeiros:
Veño de enterarme que a páxina web dos "Aduaneiros Sem Fronteiras" foi pechada e silenciada por mor dunha ameaza de demanda por parte da coñecida poetisa Yolanda Castaño. Semella que tal demanda non se ten levado a cabo polo momento, pero os Aduaneiros decidiron pechala páxina sen renunciar ao seu dereito de liberdade de expresión, só como medida cautelar.
Para os que non coñezades a páxina, trátase dunha das expresións máis imaxinativas e creativas de crítica social, en forma de deseños gráficos, lemas ou carteis, que se caracterizan pola súa difusión livre, o seu bo humor -retranqueiro, como non- e un elevado nivel de calidade artística. Os Aduaneiros estiveron ao lado de Isaac Díaz Pardo, fixeron unha emotiva campaña durante a vaga de lumes do pasado verán e se encontraban enfrascados en difundir e apoiar as iniciativas de SOS Courel e a invasión de Reganosa no Ferrol. Pero agora, na súa páxina, lonxe de atopar estas mostras de imaxinación e activismo, vemos dous comunicados surrealistas e desesperanzadores.

O deseño ao que a tal chamada poetisa Yolanda Castaño fai referencia era unha satírica crítica en forma de debuxo que a caracteriza vestida coma unha romana que recén asasinara ao César, ou algo do estilo, co coñecido lema de "Ti tamén, Bruto?" transformado en "Tu quoque, Iolanda?". Logo podíase intercambiar a roupa de Yolanda por outros modelos, que por certo ela ten levado habitualmente, como se pode comprobar na súa páxina web oficial.
Eu agardo que Yolanda reflexione e saiba dar marcha atrás. Se os Aduaneiros estaban dispostos a borrar os comentarios inxuriosos feitos por terceiros, non existe nada malo na sátira do debuxo, que aínda sendo crítico é intelixente e ata elegante, e non agocha calumnia ningunha. Se Yolanda Castaño é quen de encaixalo con tranquilidade e bo humor, gañará a súa imaxe fronte á sociedade e saneará tamén unha situación que, no punto en que está, só pode minar a liberdade de expresión dos cidadáns correntes e dos grupos independentes e humildes como é o caso de ASF.
Espero que desde as vosas asociacións, institucións ou incluso a título persoal vos interesedes polo tema e mostredes a vosa solidariedade cos nosos "sem fronteiras" que hoxe están máis restrinxidos ca nunca.
Con respeto e moderación,
saúde e paz, sempre.
Sem comentários:
Enviar um comentário