segunda-feira, 24 de novembro de 2008

SOS

Foder - Forrar - Frear - Furar - Falar
Existes porque baixo pola túa gorxa en días de verán.
Ah, non, xa non hai encanto adolescente na túa idade,
nin cartas doutras tardes con soles máis brilantes.
Tic tac, tic tac, tic tac en hora veinticinco.
Cadena Ser. Horario de inverno. A froristería do London Calling.

Sós.
Ese Ó Ese.
Sós.

Hai cetáceos en Galicia, non hai mar en Santísima Trinidad.
Xanelas pequenas coma versos abertas de par en par,
almanaques longos coma versículos para contar os días sen pan.

Entono un "eu" que doe nos pulmóns,
tanto tempo son "yo" que esquezo a letra da canción,
o enderezo da casa,
a matrícula do coche,
os nomes das constelacións
e a faciana de mamá.

Sós. Ese ó ese.

Conto os teus cabelos cor millo e perdo a noción da realidade.
Traballo, mañán.
Metro Iglesia, transbordo Tribunal, destino Casa de Campo.

O campo é un deserto de pensamentos verdes.
Soño, logo, no teu colo.
Arroró, arroró.
A avoa canta nos meus soños.
A historia de amor rematará
eu serei eu desde os pulmóns á lingua
e escribirei cancións pop sobre foder e falar.

Mañán, traballo, mañán. 
Miña casiña, meu lar.

Sem comentários: