sexta-feira, 17 de outubro de 2008

Xulio facendo camiño

Xulio Abonjo é un actor galego. De Pontevedra, para seren máis concretos. Ten artigo na Wikipedia galega. Aínda que ás veces non sexa moi de fiar, cecais neste caso podo deixar que fale ela:

Xulio Abonjo (Pontevedra, 1974) é un actor galego.

Comezou actuando en 1994 con Bacharel Teatro, actuou co Centro Dramático Galego no ano 2000 e é membro da compañía Bacana Teatro. Tamén representou montaxes teatrais coas compañías BaCaNa (2002,2006), Os Contracontos (2001,2005), Espello Cóncavo (1998) e coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1997-1999).

Ten participado en diversas series que se emitiron na TVG (Galicia Express, Terra de Miranda ou A vida por diante, entre outras. En cine cabe salientar o seu traballo en películas coma O lapis do carpinteiro (2003), O ano da carracha (2004) ou A biblioteca da iguana (2006).

En 2007 formou parte do elenco de Cuestión de sexo, serie emitida por Cuatro, supoñendo este o seu primeiro papel principal nunha serie de ámbito nacional.


Estes días estivo en Pontevedra cunha das súas obras de teatro. No Youtube hai algún anaco moi gracioso. Valga para homenaxear a Xulio, que é un dos mellores actores da nosa terra e pouco a pouco rematará por demostralo.






Sem comentários: