domingo, 10 de fevereiro de 2008

Os artistas non cambian o mundo: os despachos sí

Enfrentámonos nos próximos meses ás novas guerras de vellos cambios, ou viceversa. Para que cada quen promocione as súas intencións, é habitual que un colectivo ó que se accede de forma aleatoria -e que non soe ter problemas para chegar á fin de mes- denominado "Artistas", ou "Intelectuais", ou "Estrelas", firme algunha mensaxe de apoio para aqueles que representan os seus intereses e preferencias.

Terei a decencia de falar con sinceridade: calquera cousa que faga falta neste país para non permitir o acceso ó poder da recalcitrante dereita, máis cargada de xenreira ca nunca.

Pero propóñolles un pequeno xogo. Busquen as 10 diferenzas entre estes dous vídeos. As diferenzas en canto a novedade, frescura e verdade. Creo que estará bastante claro. Isto non quere dicir que non comparta as finalidades dos dous vídeos por igual. Só se trata de evidenciar que a paz, como tal, é boa por sí mesma, e que o queremos é unha sociedade que camiñe cara ela porque sabe que é a única resposta, non porque ningún "artista" se convirta en estandarte dos nosos soños, porque para soñar, xa sabemos o que é deitarse polas noites coa mente posta nun futuro mellor.


Yes, we can.








1 comentário:

Anónimo disse...

Viva. Obama para presidente das Hespañas e ZP en Washington. Penso que tal e como está o mundo, ben sería o máis lóxico.