domingo, 20 de janeiro de 2008

Un home

Meu pai é deses homes feitos como dunha soa peza
arrincada ao tronco dun carballo.
As súas mans foron sempre de lixa,
obradoiros de pel da quenlla.
Meu pai é carpinteiro de alumiño e ten unha filla con canas,
pero non bota contas por teléfono
non pronuncia os quilómetros
non pide vacacións
non quere facerme bailar
non di o que cala
e non vai deixar de fumar
por moito que insista mamá.

Hai veces que daría o presente
por ser pequena coma unha carriza
e poder aniñar nos seus xeonllos de prata.

1 comentário:

Anónimo disse...

que funito