quinta-feira, 17 de janeiro de 2008

Ben está o que ben remata

1- Un home asquerosamente enriquecido e coñecido por servilismos empresariais é proposto por un partido como candidato a ser ministro de Economía: nos medios chámanlle "peso pesado" e patriota, entre outras cousas.

2- Un organismo da vida deportiva, e por tanto alleo á realidade política e aos movementos culturais, propón unha letra para o hino do Estado en complot coa SGAE -esa grande amiga dos cidadáns-. Centos de animais estranos incapaces de afinar unha nota deixan os seus cánticos gravados en televisións e radios. E ao final resulta que a letra se retira por impopularidade. ¿Teñen idea dos millóns de perdas que representa para a SGAE? ¿Teñen idea do que ía rendar iso en concepto de politonos?

3- Homes vestidos con longas faldas, que non poden amar, nin casar, nin ter fillos nin quedarse preñados, din que teñen un modelo infalible de familia, vida sexual e formato legal sobre os dereitos das mulleres. E tamén teñen cadena de radio propia.

4- Todo o PP está a matarse por asistir en primeira fila á morte política de Rajoy, o noso ilustre veciño pontevedrés. O primeiro é o primeiro. Gallardón non o vai ver por mandato do divino dedo. E Ana Botella vai ser alcaldesa de Madrid por ciencia infusa.

5- Eu ía pechalo blogue porque sentía que non tiña nada bo sobre o que escribir, nada bo que ofrecer... Pero habendo tanta merda ahí fora, ¿quen quere quedar pasmado?

Non sexan mentireiros, fagan o favor...

Sem comentários: