Sí, estou viva. Ando en varias cousas. Algunhas malas, outras boas, unha racha persoal bastante fodida (pero haberá que saír adiante, como sexa) e no profesional nin fu nin fa, montando a obra e deixándome morrer cando non ensaio. Ahí van algunhas mostras, por partes:
1- Xa está colgado en Curtas na Rede o meu minidocumental ORQUESTRA. A partir de hoxe pola tarde poderase votar. Se lles gusta, por favor dennos o pracer de inscribirse e votar por nós.
2- Non serei profesora da ESAD de Galicia, polo menos este ano. Trabas administrativas. Pero algún día... o meu é vocacional e non penso parar.
3- Seguimos montando o noso proxecto escénico para a Fundación Caixa Galicia (á que apremio cariñosamente desde aquí para que diga xa unha data de estrea, de xeito que o podamos publicitar e comunicar ante vós, distinguido público). Máis no blog da compañía.
4- Estou tentando escribir. Tentando, esa é a palabra. O meu aborto literario non se verá nos mellores cines nin sairá nin quiosco próximo a vostede, pero quizais algo se verá aquí, na blogosfera, onde non se pode saber se alguén escoita ahí fóra.
Sexan bos. E vostedes mesmos. E teñan en conta que hoxe ando algo perdida.
quarta-feira, 23 de setembro de 2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário