É do Ghadis, onde en Pontevedra a miña nai compra quilos e quilos de carne para meter no arcón a conxelar provisións para todo o inverno. Non deixa de ser un supermercado. Pero recoñézolle, polo menos, o mérito de superar ao Froiz en cuestión de márketing, e iso que eu pasei toda a tenra infancia chamándolle "a muiñeira do Froiz" á "muiñeira de Chantada" porque nos anuncios de Radio Pontevedra poñíanlle iso de fondo. Non semella ter mala intención detrás da mensaxe. Non é malo pensar de vez en cando, ignorando as alarmas de inxenuidade, que as empresas poden ser ben pensantes nalgún momento... Pois iso, que a tortilla mellor é a da miña nai.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário